SONS CREATIVOS é unha plataforma de intercambio cultural para a difusión e creación sonora promovida pola Area de Cultura das USC e que, en convocatoria anual, supón unha aposta polas últimas propostas do ámbito da música contemporánea, a creación electroacústica e da arte sonora.
Está organizado polo Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, GCSUS, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas e Xoán-Xil López.