SONS CREATIVOS
  • INICIO
  • Inicio
  • Obradoiros
  • Blog
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Acerca de

3 maio / 20h30


inmaculada cárdenas + mónica álvarez (gcsus) + Estefania aa + pablo fredes

Picture
INMACULADA CÁRDENAS Nace en La Línea (Cádiz) en 1952, reside en Galicia dende o ano 1983 cando se incorpora á Universidade como profesora de música. É compositora e catedrática da área de Música da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora pola Universidade de Sevilla en 1981 cunha tese sobre música barroca andaluza, realiza estudos de musicoloxía na Sorbona e posteriormente no GRM. Da man de François Delalande entra en contacto coa música electroacústica, realizando cursos de electroacústica con distintos compositores do GRM. Dedicada á investigación de musicoloxía ata á súa chegada a Galicia, dedicarase dende entón á investigación en pedagoxía de creación musical e á experimentación sonora polo que foi premiada nos “I Premios a Innovación Educativa” da USC.

Espazo Permeable será o primeiro grupo que dirixa musicalmente, realizando con este grupo de artistas plásticos o Concerto para Esculturas Sonoras, estreado en 1992 e publicado pola Fundación ACA de Mallorca. En 1995 creou o Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS) e proseguiu o seu labor compositivo con obras electroacústicas  realizadas no LIEM do CDMC  (Madrid) dende 1993. En 1996 fúndase o Laboratorio de Música Electroacústica na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, que funciona ata 2013.

O Grupo de Creación cambia o seu nome polo de GCSUS (Grupo de Creación Sonora) en 2010 para adecualo máis ao traballo que realiza. Publicou co GCMUS e logo co GCSUS varios CD como Música e arquitectura, Serea e o contador de contos e Música e entorno e dous DVD: o primeiro O Grupo de Creación en concerto e o segundo Música, espazos e cidade. Os CD foron reeditados no netlabel Alg-a.

En 2011 estivo invitada na Cidade da Cultura de Santiago (Monte Gaiás) para realizar co GCSUS unha intervención sonora na Biblioteca dese conxunto de edificios, precedida dunha charla explicativa do concerto dentro da programación anual da Cidade da Cultura de Santiago.

En marzo de 2015, programouse na Casa de España en Miami, dentro do ciclo de músicas electroacústicas da Universidade de Miami, a súa obra La Línea-La Habana. A súa obra Miniaturas Sonoras foi seleccionada e presentada no Festival Punto de Encuentro, celebrado en Berlín en febreiro de 2016. Esta obra estreouse nos Sons Creativos dese mesmo ano.

Dende hai nove anos dirixe o Espazo de Música Electroacústica e Arte Sonora "Sons Creativos" onde presenta obras compostas para o concerto inaugural co GCSUS.

No 2012 organiza a exposición “25 Anos da Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo” no MIHL dentro da programación dos Sons Creativos, e na que se expoñen una selección de obras electroacústicas do GCSUS e de artistas invitados nas actividades do Grupo desde o ano 1992 ata a actualidade.

Pertence á Asociación de Músicos Electroacústicos de España (AMEE) dende a súa fundación.

MÓNICA ÁLVAREZ é un dos membros fundadores do GCSUS (Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela) dende a súa creación no ano 1996 na escola de Maxisterio de Lugo ata o presente ano. Estudou canto lírico no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Realizou cursos de canto lírico con Manuel Avendaño, Miguel Zanetti, J. Antonio Campo, etc. e cursos de pedagoxía de creación musical con François Delalande; de música experimental con Eduardo Polonio; de canto contemporáneo con Esperanza Abad e Fátima Miranda; e de canto difónico con Thomas Clements (onde acadou o título de perfeccionamento permitíndolle impartir cursos desta técnica).

Dende o ano 2002 ata o 2010 encargouse da formación dos alumnos da Sección Vocal do GCMUS (actualmente GCSUS), ademais de participar como solista nos concertos e espectáculos organizados por este grupo, compoñendo algunha das obras. Participou na gravación dos diferentes discos do grupo.

As obras do GCSUS foron programadas en eventos importantes como o Festival Internacional de Música da Habana, Festival de Electroacústicos de Bourges (Francia), Punto de Encuentro do 2001 e 2002 (Madrid), Radio Nacional de España (Radio Clásica), Lugo, Palencia, Santiago, etc.

Compón obras con alumnos/as de infantil e primaria das escolas onde desenvolve o seu labor docente, como é o caso de Filigranas Escolares, publicada en podcast na Casa del Sonido de Radio Clásica (RNE) programa dirixido por José Luis Carles. Foi profesora de canto moderno dende o ano 2001 ata o 2008 na Escola de Música Bieito Blanco de Ourense.

Actualmente segue pertencendo ao GCSUS, é mestra funcionaria de carreira.

O GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,  anteriormente Grupo de Creación Musical (GCMUS) cambiou o seu nome no ano 2012 polo de GCSUS co obxecto de adecuar a súa denominación aos seus proxectos, máis achegados ao concepto de arte sonora, aínda que sen renunciar á palabra “música”. As súas propostas van, dentro da música experimental, desde a música electroacústica e as intervencións e instalacións sonoras ata as paisaxes sonoras. Desde 1995 o GCSUS recorreu un longo camiño na creación sonora, publicando cinco traballos: o CD Música & Arquitectura (2001), a ópera Serea e o contador de contos (2002), o DVD O Grupo de Creación Musical en concerto (2007), o CD Música e entorno (2009) e o DVD Música, espazos e cidade (2012).

[+ INFORMACION]
Picture
ESTEFANIA AA Realizou os seus estudos de Belas Artes especializándose en Arte Sonora, na Universitat de Barcelona. Vinculouse ao mundo artístico dende a infancia, comezando polo ballet, a expresión e improvisación do movemento, a arquitectura, as artes plásticas e visuais. Actualmente, desenvólvese como artista sonora e o seu proxecto de investigación está ligado á relación entre espazo, movemento e son. Dedícase á produción de pezas sonoras experimentais e electroacústicas. Os seus proxectos foron seleccionados e publicados en discográficas, feiras europeas e foron presentadas en concertos e festivais de España, Latinoamérica, Francia, Inglaterra e China. É unha artista multidisciplinaria, que afonda arredor das teorías estéticas posmodernas de deshumanización, simulación, alleamento do Ser coa natureza e coa súa propia condición humana, traballando coa interferencia, o ruído, o erro, a fragmentación, o silencio, a repetición e a percepción. É colaboradora activa e produtora audiovisual no Laboratorio de Arte Sonoro, da Facultat de Belles Arts da Universitat de Barcelona. É membro coordinador do Grupo de Exploración del Entorno Sonoro (G.E.E.S) e obtivo unha residencia na Fundación Phonos, da Universitat Pompeu Fabra, para a experimentación sonora e electroacústica.

PABLO FREDES realiza os seus estudos musicais na Pontificia Universidade Católica de Valparaíso. Dende o ano 2000 estuda electroacústica con Christine Groult no Conservatoire National de Musique de Pantin, París, Francia, onde ademais estuda a composición con Sergio Ortega. Participa no taller de composición José Manuel López López en París VIII. En outubro de 2004 participa no concerto anual de alumnos da Asociación de Profesores de Composición Instrumental e de Música Electroacústica no CNSM de Lyon, Francia. No ano 2005 realiza o seu primeiro concerto de altofalantes no convento San Felipe Neri de Gracia. No ano 2007 cursa o posgrao de composición DMTC dirixido por Gabriel Brncic, no que impartirá clases ao longo dos cursos seguintes. Actualmente reside en Barcelona, e colabora como técnico de son na Fundación Phonos, onde é compositor residente. Tamén é asesor musical en RTVE en gravacións de música clásica. O ano 2013 renomea a súa orquestra de altofalantes como El Sindicato de Altavoces.

[+ INFORMACION]
CONCERTO

4 maio / 20h30


wade mathews

Picture
Tras recuperarse dun doutoramento en composición e electroacústica da Columbia University de Nova York, o refuxiado sonoro franco-norteamericano, WADE MATTHEWS instálase en Madrid, onde se dedica a pensar, servíndose indistintamente da libre improvisación con síntese dixital e gravacións de campo, os retratos sonoros, a escritura e outras formas de reflexión verbal, incluídas conferencias, clases maxistrais e talleres. Viaxa incansablemente, le todo o que pode e colabora con outros músicos, bailaríns, artistas plásticos e investigadores do mundo sonoro. Presentou a súa música en escenarios de 20 países, como o MoMA de Nova York, o Museo Reina Sofía de Madrid, o Teatro Colón de Bos Aires, o Museo de Arte Contemporáneo de Santiago de Chile e o Centro Nacional de las Artes de México, ademais de gravacións para a BBC, France Culture, RTVE, la SODRE, e os seus propios discos en selos británicos, estadounidenses, escandinavos, europeos, etc. É autor do libro Improvisando. La libre creación musical (Turner, 2012), de once tomos da Historia de la Música Deutsche Grammophon, e recentemente, de Ínsulas, un libro-disco con retratos sonoros das Illas Canarias. Foi editor invitado e coautor do nº 10 da revista Doce Notas Preliminares, Improvisación. Crear en el momento; e o nº 151 da Revista de Occidente, La Musica en nuestros días, e publicou artigos nas revistas de estética La Balsa de la Medusa (nº 49) e Kunstmusik (nº 5).

+ INFORMACIÓN
CONCERTO

5 maio / 20h30

pablo rega + andres lewin ritchter

Imagen
PABLO REGA é guitarrista improvisador e músico electrónico. Tocou en numeroso festivais e colabora con diversas formacións e proxectos como Neumática, con Alfredo Costa Monteiro, IED8, Z1C0 con L.A.R Lejido e Tom Chant, Hrz. con Saúl Puga e  Nuria Andorrá, F.I.L.O, Comando Radar, Reptilian Mambo, Bruitage con Javier Carmona e Tom Chant.

Colaborou con moitos  músicos da escena nacional e internacional, Lê Quan Nihn, Willian Paker, Peter Kowald, Trom Zê, Bucht Morris, Agustín Fernandez ou Fred Frith. Realiza instalacións sonoras e pezas para diferentes festivais de arte e tecnoloxía.

Colabora co colectivo Binaural en Portugal, Discordian Records en Barcelona e é membro activista/programador do colectivo IMPRO VIGO/sesións H.A.L.O. Realizou numerosas bandas sonoras e deseño de son para compañías de teatro como Ladanaus (León), Los Corderos (BCN), Antigua i Barbuda (BCN), Play Ground (BCN) Diego Anido (Galicia).

Realizou conduccións para grandes ensembles como O.M.E.GA (Galicia), B.I.B. (BCN) 700Fios (Vigo) e foi membro da orquestra FOCO de Madrid. Como músico electrónico realiza pezas a partir da manipulación e fabricación de dispositivos de son tomados de diferentes fontes e materiais, tanto electrónicos coma acústicos.

+ INFORMACIÓN [1] [2] [3]
Picture
ANDES LEWIN-RICHTER Cofundador do laboratorio Phonos en 1974, segue á fronte del como secretario e director executivo da Fundación Phonos. A súa obra é fundamentalmente electroacústica dedicando unha grande importancia á música mixta instrumental-electrónica.

[+ INFORMACION]
CONTIDOS


6 maio / 12h00


liberata (improvisación colectiva)

Picture
Unha celebración da liberdade a través do son e a música na que participarán os asistentes aos obradoiros de Soundpainting e Experimentaciol vocal.

6 Maio / 19h00


berio molina

Picture
BERIO MOLINA é un artista nado na Fonsagrada. É licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ampliou os seus estudos en arte interactiva na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e no Rochester Institute of Technology (R.I.T.) de Nova York. Desde 1999 interesouse pola creación colectiva sendo membro do grupo de acción Flexo, do colectivo arredor da paisaxe sonora escoitar.org, ou do colectivo de arte e acción libre alg-a, onde tamén administra a editora de arte sonora Netlabel alg-a.

Actualmente dirixe o filme 7 Limbos, unha deriva espectral sonora e vén de publicar o libro Setras, un estudo sobre a tipografía sonora que recibiu o Premio Especial do Xurado nos Puchi Award.

+ INFORMACIÓN
AUDIOACCION
Powered by Create your own unique website with customizable templates.