SONS CREATIVOS
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de
Picture

INMACULADA CARDENAS + MÓNICA ÁLVAREZ
+ EFRAÍM DÍAZ

DATA: 21/10/2021
HORA: 20.30 H
LUGAR: Casa do Saber
Praza Pío XII, nº 3, 27001 Lugo
Entrada libre ata completar aforo 
( limitado a 30 persoas)

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.

VER EN STREAMING

INMACULADA CÁRDENAS

ATLÁNTICO
“Faro”, “As vacas”, “Aveiro” e “Venres Santo”

1ª parte: Rumores da Auga. Obra para piano, 2019.

Traballo para vídeo e sintetizador dividido en catro partes: Faro, As vacas, Aveiro e Venres Santo, Atlántico é unha música baseada na improvisación. A auga e o mar son o eixo que constrúe este estudo timbrico propiciado polos sons do instrumento, un Yamaha S90, nun percorrido por varios lugares atlánticos que van dende o faro de San Cibrao na Mariña de Lugo, ós prados da Rigueira en Xove, á ría de Aveiro en Portugal e á procesión da Virxe da Soidade en Cádiz durante o Venres Santo.

Os vídeos das montaxes que acompañan as catro partes da obra foron feitos pola autora e a montaxe, baseada nunha idea súa, foi realizada por Juan Antonio Lleó.

Cunha unidade temática, Atlántico establece un xogo entre as cores do modal, do tonal e do atonal guiado polo xesto debuxado no teclado coa intención de fundirse coas imaxes, transportando ao público a mundos imaxinarios.

No medio da pandemia, o agasallo do sintetizador e o fascinante mundo do son que me descubriron deron a luz este traballo. O meu agradecemento dende aquí aos irmáns Antonio e Maluz Pavón Mauriz.
​
​​IGUAZÚ
Obra para sintetizador e video en catro partes, 2021. Estrea absoluta.

Inmaculada Cárdenas Iguazú é unha obra para piano estreada nos Sons Creativos de 2019. Esta obra continúa coa técnica de debuxar cos sons, debuxar cos sons, que a autora desenvolve desde hai moitos anos, e que na actualidade centra –como neste caso– en obras para pianoDebuxar no teclado baséase en xerar xestos definitorios que sempre son repetidos e que son a esencia da obra ao evocar o que queremos debuxar, neste caso o discorrer da auga, o movemento do tren e o bramido da auga rompendo ao caer. Estes xestos repítense e desprázanse polo teclado e son modulados a través dos acentos e dos volumes.

Como definición Iguazú é unha música improvisada que parte dunha estrutura prefixada e que podemos definir como música orgánica, entendendo por esta a música que está conectada coa enerxía das cousas e do momento. Iguazú está dividida en tres partes: Rumores da auga, O tren e Bramido. No concerto de hoxe presentamos só a primeira delas.

MÓNICA ÁLVAREZ

ESENCIAS SONORAS
Obra para voz e imaxes, 2021. Estrea absoluta.

Esta obra vogal xorde da miña admiración polas formas das flores e plantas.
Atrévome a darlle a volta á frase de Pierre Schaeffer “o son é o vocabulario da natureza”, para adaptala á miña maneira de compoñer esta peza, onde o son parte da inspiración sonora que xorde da forma, e transformala en “a natureza é o vocabulario do son”.
Entra na miña pupila e sae da miña voz, cal paxaro que se pousa e recolle o recendo para espallalo por onde voa.

Quero agradecer ao meu amigo Benito Fernández pola cesión das súas marabillosas fotografías e a Julia pola súa axuda na montaxe e o seu apoio incondicional.


EFRAÍM DÍAZ

OS PORCOS
Obra sustentada en paisaxes sonoras, 2021. Estrea absoluta.

A presente composición está sustentada nunha serie de paisaxes sonoras que traen á nosa consciencia unha sociedade con costumes xa desaparecidos. O rexistro de sons arredor da matanza do porco mestúrase cos instrumentos de percusión galega e as diversas gravacións sobre textos literarios, que fan mención á devandita práctica de subsistencia, xa en extinción nos fogares galegos.

Deste xeito estabelecemos unha composición que mobiliza as emocións no ouvinte, unha proposta artística inspirada nun fito inmaterial, aberta ás interpretacións que o receptor poida realizar.
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de