Dende hai un tempo vimos desenvolvendo unha serie de actividades formativas dentro do festival Sons Creativos, e este ano queremos darlles máis protagonismo a estes contidos creando un programa integral que inclúe tres obradoiros intensivos: dous que continúan afondando nas metodoloxías iniciadas na pasada edición relativas á improvisación multidisciplinar (soundpanting) e á experimentación vocal, e unha nova proposta que nos achegará de xeito práctico e teórico ás estéticas da música dende as vangardas á actualidade.
Estes módulos forman parte do programa integral AULA DE CREACION E EXPERIMENTACION SONORA que poñemos en marcha coa colaboración da Escola de Música Municipal de Lugo.
Profesores: Efraím Díaz / Mónica Álvarez / Xacobe Martínez Antelo Lugar: Escola Municipal de Música de Lugo. Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Rúa Quiroga Ballesteros s/n. Lugo Día: Xoves Horario: 16:30h a 20:30h Datas: 21 febreiro / 28 febreiro / 7 marzo / 14 marzo / 21 marzo / 28 marzo / 4 abril / 11 abril / 25 abril de 2019 Prazas limitadas: Máximo 18 alumnos. Selección por orde de inscrición. Prezo da matrícula: 30€ taxa xeral / 15€ universitarios / gratuíta para alumnos da Escola de Música.
A través de varias obras, descubrirase a historia da música experimental tomando como referencia diversos fitos. Partindo da práctica musical, adaptarase este repertorio dende unha ollada actual para poder recrealo no contexto do obradoiro. Traballarase sobre tres temáticas:
I. De Luigi Russolo a Espacio Permeable. Dos Intonarrumori ás esculturas sonoras II. Música concreta, electroacústica e paisaxe sonora III. Da aleatoriedade ao minimalismo
Efraím Díaz comeza os seus estudos de música co seu pai Cándido Díaz aos 8 anos. É titulado Profesional (2004), Superior de Percusión (2008) e titulado Profesional de Gaita (2014). Ten recibido cursos de percusionistas coma Pilar García Ríos, Eric Sammut, Markus Leosson, Philippe Spiesser, Igor Lesnik, Ludwig Albert, Chin Cheng Lin, N.J. Zivkovick, Beverley Jhonston, Jean Geoffroy entre outros.
Exerceu o seu labor docente en diversas escolas de música como as de Sarria, Sada, Guitiriz e nos conservatorios profesionais de Vilalba, Ferrol, Melide, Monforte e Superior da Coruña. Durante o 2008 editou o seu primeiro disco de solista de percusión Viaje por Kallaikía, No ano 2015 edita Pito Galego, en 2018 O Bosque do Asubiador, estes dous últimos dedicados ao pito pastoril galego.
Actualmente é profesor de Gaita, Pito Pastoril Galego e Percusión na Escola Municipal de Lugo e forma parte da Banda Municipal de Música de Lugo dende 2004.
É membro permamente do GCSUS (Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela), xunto a Inmaculada Cárdenas e Mónica Álvarez. Ademais de ser gaiteiro do cuarteto Coventina e do grupo Son de Lugh, toca o pito pastoril en Pitanfona (pito pastoril- zanfona) e no proxecto Consort de Pitos Pastoriles. Dende o 2016 é membro fundador e presidente do Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril (IGAESPI), coa angueira investigadora e difusora de diversas cuestións do instrumento. Neste 2019 está a traballar no seu cuarto disco coma solista, nesta ocasión estará centrado en obras para o pito pastoril galego e banda de música.
Ademais realizou durante o curso 2017-2018 o mestrado en Servizos Culturais na Facultade de Humanidades de Lugo, obtendo no seu traballo Fin de Mestrado a cualificación de Matrícula de Honra (10).
Actualmente é doutorando na USC no programa Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe, afondando na presenza do pito pastoril na Galicia.
DATAS: 21, 28 do 02/2019 e 7/03/2019 LUGAR: Escola Municipal de Música de Lugo (EMML). Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 1º andar, rúa Quiroga Ballesteros s/n 27001. Lugo
A VOZ E A EXPLORACION SONORA
Monica Alvarez
A arte sonora converteuse nun xénero que uniu propostas multidisciplinarias arredor da experiencia acústica, creando novas dimensións da expresión sonora que concitan o interese na sinestesia a través de diferentes medios: a escultura sonora, a música experimental, a electroacústica e a electrónica, a poesía fonética ou a paisaxe sonora. Na última década a fusión de voz, imaxe e son acrecentou posibilidades de experiencias exponencialmente, desprazando a xéneros unidisciplinarios.
Como receptores e transmisores de sons, os seres humanos convertémonos en produtores e reprodutores de infinidade de sonoridades sen necesidade de ferramentas ou interfaces extracorporais. Somos unha presenza sonora que sitúa a nosa posición espazotemporal.
Neste obradoiro traballaremos a técnica vocal na súa ampla dimensión escoitando co corpo que, segundo dixo John Cage, é unha liberación da memoria, do gusto e da percepción.
O descubrimento de sonoridades vocais permitiranos gozar máis da nosa voz falada e cantada. Ponte a proba!
Mónica Álvarez Estudou canto lírico no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Realizou cursos de canto lírico con Manuel Avendaño, Miguel Zanetti, J. Antonio Campo, etc. e cursos de pedagoxía de creación musical con François Delalande; de música experimental con Eduardo Polonio; de canto contemporáneo con Esperanza Abad e Fátima Miranda; e de canto difónico con Thomas Clements (especialidade en que acadou o título de perfeccionamento, o que lle permite impartir cursos desta técnica).
É membro do GCSUS dende a súa creación no ano 1996 na Escola de Maxisterio de Lugo, a cargo da catedrática Inmaculada Cárdenas, ata o presente ano.
Dende o ano 2002 ata o 2010 encargouse da formación dos alumnos da Sección Vocal do GCMUS (actualmente GCSUS), ademais de participar como solista nos concertos e espectáculos organizados por este grupo, compoñendo algunha das obras. Participou na gravación dos diferentes discos do grupo.
As obras do GCSUS foron programadas en eventos importantes como o Festival Internacional de Música da Habana, Festival de Electroacústica de Bourges (Francia), Punto de Encuentro do 2001 e 2002 (Madrid), Radio Nacional de España (Radio Clásica).
Foi profesora de canto moderno dende o ano 2001 ata o 2008 na Escola de Música Bieito Blanco de Ourense. É funcionaria de carreira e ten compostas obras con alumnos de infantil e primaria no seu labor como docente, como é o caso de Filigranas escolares, publicada en podcast no programa La Casa del Sonido de Radio Clásica (RNE), dirixido por José Luis Carles.
DATAS: 14, 21 e 28/03/2019 LUGAR: Escola Municipal de Música de Lugo (EMML). Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 1º andar, rúa Quiroga Ballesteros s/n 27001 Lugo
A IMPROVISACION E A SOLUCION
Xacobe Martinez Antelo
O soundpainting é unha linguaxe de signos aplicada á improvisación. A directora o u soundpainter compón ao vivo pezas improvisadas multidisciplinariamente e de xeitocolectivo. Multidisciplinario porque se ben comezou nos anos 70 aplicado á música,hoxe en día utilízase en case calquera expresión artística: movemento, artes plásticas evisuais, teatro, literatura, performance, etc... Neste obradoiro faremos unha inmersiónlingüística no soundpainting, descubrindo unha visión absolutamente enriquecedora eliberadora da improvisación. Para min, como músico, creador ou artista, osoundpainting foi un punto de inflexión na miña forma de relacionarme co instrumento,coa improvisación, cos meus prexuízos, límites e bloqueos. Un achado a todos os niveis,e ademais, unha das cousas máis divertidas para descubrir en grupo. A improvisación éa solución!
Xacobe Martínez Antelo é músico, emprendedor e activista cul tural. De formación ecléctica e autodidacta, este baixista compostelán aparece enmáis de 30 traballos discográficos, que van dende o jazz ó rock, pasando pola músicatradicional, o teatro ou as músicas do mundo. Como líder, é fundador de Sumrrá, Monkillos, Xacobe Martínez Antelo Trío, Cuarteto e Quinteto, CHaNZo, A Tribu ou MARTELO, e dende hai 15 anos, traballa de xeito estable co Grupo Chévere. No terreo asociativo, foi membro constituínte de Músicos ao Vivo, e impulsor de FEMA (Federación Española de Músicos Asociados) e FMJAZZ (Federación Estatal de Musicos Profesionales de Jazz). Vén sendo unha figura imprescindible da escenamusical galega dos últimos 20 anos, e á súa presenza en calquera espazo da nosa xeografía, súmaselle unha traxectoria internacional máis que considerable: París ,Londres, Helsinki, Sudáfrica, Marrocos, Corea, China, Bulgaria, México, Nicaragua Honduras, El Salvador, Guatemala, Portugal, Bolivia ou Cuba, avalan a súa carreira máis aló das nosas fronteiras. No eido da divulgación, vén desenvolvendo concertos didácticos e clases maxistrais dende hai máis de 10 anos, e para todo tipo de audiencias músicos profesionais, estudantes de música, afeccionados ó jazz, rapaces e rapazas de primaria e secundaria, terceira idade ou colectivos con capacidades diversas. O seu descubrimento do soundpainting chegou directamente da man do seu creador, Walter Thompson, hai xa máis de 10 anos.
O obradoiro rematará cunha improvisación colectiva que terá lugar o domingo día 6 ás 12:00h.
Destinado a: persoas interesadas na práctica da improvisación de diferentes ámbitos (música, danza, teatro, artes plásticas, docentes, etc.)
DATAS: 4, 11 e 25/04/2019 LUGAR: Escola Municipal de Música de Lugo (EMML). Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 1º andar, rúa Quiroga Ballesteros s/n 27001. Lugo
seminario A IMPROVISACION MUSICAL. XENESE E DESENVOLVEMENTO DUNHA OBRA
Inmaculada Cárdenas
A partir de obras concretas analizarase o proceso de creación sonora tendo como fonte a improvisación. Desde unha idea descritiva ou dramática desenvólvense materias sonoras capaces de conformar unha estrutura musical.
Os temas e contratemas traballaranse nun sentido amplo.
Inmaculada Cárdenas nace en La Línea (Cádiz) en 1952, e reside en Galicia dende o ano 1983, cando se incorpora á Universidade como profesora de música.
É compositora e catedrática da área de Música da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora pola Universidade de Sevilla en 1981 cunha tese sobre música barroca andaluza, realiza estudos de musicoloxía na Sorbona e posteriormente no GRM. Da man de François Delalande entra en contacto coa música electroacústica, realizando cursos de electroacústica con distintos compositores do GRM.
Dedicada á investigación de musicoloxía ata á súa chegada a Galicia, dedicarase dende entón á investigación en pedagoxía de creación musical e á experimentación sonora polo que foi premiada nos I Premios a Innovación Educativa da USC. Dende hai nove anos dirixe o Espazo de Música Electroacústica e Arte Sonora Sons Creativos; onde presenta obras compostas para o concerto inaugural co GCSUS. Pertence á Asociación de Músicos Electroacústicos de España (AMEE) dende a súa fundación. Espazo Permeable será o primeiro grupo que dirixa musicalmente, realizando con este grupo de artistas plásticos o Concerto para Esculturas Sonoras, estreado en 1992 e publicado pola Fundación ACA de Mallorca.
En 1995 creou o Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS) e proseguiu o seu labor compositivo con obras electroacústicas realizadas no LIEM do CDMC (Madrid) dende 1993. En 1996 fúndase o Laboratorio de Música Electroacústica na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, que funciona ata 2013. O Grupo de Creación cambia o seu nome polo de GCSUS (Grupo de Creación Sonora) en 2010 para adecualo máis ao traballo que realiza.
Publicou co GCMUS e logo co GCSUS varios CD como Música e arquitectura, Serea e o contador de contos e Música e entorno e dous DVD: o primeiro O Grupo de Creación en concerto e o segundo Música, espazos e cidade. Os CD foron reeditados no netlabel Alg-a. En 2011 estivo invitada na Cidade da Cultura de Santiago para realizar co GCSUS unha intervención sonora na Biblioteca dese conxunto de edificios, precedida dunha charla explicativa do concerto No 2012 organiza no Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL) a exposición “25 Anos da Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo” dentro da programación dos Sons Creativos, na que se expón unha selección de obras electroacústicas do GCSUS e de artistas invitados nas actividades do Grupo desde o ano 1992 ata a actualidade.
En marzo de 2015, programouse na Casa de España en Miami, dentro do ciclo de músicas electroacústicas da Universidade de Miami, a súa obra La Línea-La Habana. A súa obra Miniaturas Sonoras, estreada nos Sons Creativos de 2016, foi seleccionada e presentada no Festival Punto de Encuentro, celebrado en Berlín en febreiro dese mesmo ano.
DATA: 4/05/2019 - 17:00h - É preciso inscribirse previamente LUGAR: Casa do Saber. Lugo