SONS CREATIVOS
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de
Picture

PABLO SANZ

DATA: 24/10/2021
HORA: 20.30 H
LUGAR: O Vello Cárcere 
Praza da Constitución s/n, 27002 Lugo
Entrada libre ata completar aforo 
( limitado a 35 persoas)

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.

ENTANGLED

Entangled explora os mundos non humanos da selva amazónica, prestando
atención á complexidade do incesante fluxo sonoro creado por insectos, aves,
anfibios, mamíferos, réptiles, peixes, especies vexetais, solo, auga e tempo
atmosférico.

A obra propón unha experiencia de escoita profunda, activa e prolongada, cultivando encontros sensoriais íntimos onde prima a afectividade por encima da representación e o significado. Convídase a explorar a escoita como un acto creativo, como forma de atención e ferramenta para investigar o mundo.

As e os oíntes-participantes atópanse nun espazo nunha escuridade case total, situados dentro dun campo sonoro xerado por un equipo de son multicanle.

Entangled presenta unha composición creada a partir de varios centos de horas de materiais sonoros ambientais gravados en ecosistemas forestais terrestres e asolagados (várzeas) nos territorios das reservas de Amanã e Mamirauá, na Amazonia central brasileira. O traballo de campo levouse a cabo durante dous meses na estación seca de 2015, en colaboración con moradores autóctonos.

Entangled maniféstase como unha serie de instalacións e concertos inmersivos con duracións estendidas e materiais sonoros diferentes. O proxecto emprega Ambisonics, un conxunto de técnicas de audio espacial (3D) que permite a súa presentación en diferentes sistemas de son e espazos expositivos. En SONS CREATIVOS preséntase como un evento de escoita compartida de 50 minutos cun sistema cuadrafónico.

Producido grazas a apoios do Instituto Mamirauá (Amazonas), Sonic Arts Research Centre (SARC), Queen’s University Belfast, Santander Mobility Award, Laboratório de Acústica e Artes Sonoras (LASom), UNICAMP (São Paulo), T-37 (Madrid), Sound and Music (Londres) e Arts Council Northern Ireland.

+ INFORMACIÓN [1]/[2]/[3]

Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de