SONS CREATIVOS
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de
Picture

RAÚL CANTIZANO

DATA: 23/10/2021
HORA: 20.30 H
LUGAR: O VELLO CÁRCERE 
Praza da Constitución s/n 27002 Lugo
Entrada libre ata completar aforo 
(limitado a 35 persoas)
​

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.

FLAMENCO ESTENDIDO

A guitarra flamenca “preparada” de Cantizano transfórmase incorporando diversos elementos externos axustados, xa sexan electrónicos (deseñados e creados por el mesmo con Arduino: motores, ventiladores, potenciómetros...), ou analóxicos, como o Blu Tack, a ponte e os resortes engadidos. Sumando o xesto, a performatividade, e o procesamento en vivo do son xera toda unha nova linguaxe musical para a guitarra flamenca.

Un dos obxectivos principais da proposta é ser capaz de utilizar a tecnoloxía como un elemento de hackeo creativo dos canons e modos establecidos. Toda a aparellaxe móstrase e sinálase como parte da acción performática co seu propio significado e reconstrúe o imaxinario visual da guitarra evidenciando o seu carácter de prótese.

O flamenco tómase como ferramenta, un elemento da linguaxe máis, rico en contido e potencial sen ter como fin a “pureza” ou a forma flamenca como un lugar ao que chegar, senón máis ben como unha alegación á heterodoxia e a impureza. A remestura como único camiño posible para a aprendizaxe, o crecemento e a evolución dunha arte e unha sociedade.
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de