SONS CREATIVOS 2022
  • Home
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • EFRAÍM DÍAZ + DAVID BELLAS + IVÁN ABAL
    • MÓNICA ÁLVAREZ + JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ DÍEZ
    • INMACULADA CÁRDENAS + JUAN ANTONIO LLEÓ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Acerca de
Imagen

20 – 22 DE OUTUBRO / 2022 / LUGO
CASA DO SABER
​
Esta nova edición dos SONS CREATIVOS sitúase entre a experimentación, o desbordamento da música popular e a paisaxe e ecoloxías sonoras. 

Un ano máis Sons Creativos (edición 14), o foro de arte sonora, música experimental e electroacústica, xa un clásico na programación de Lugo Cultural, trae na súa décimo terceira edición un programa que inclúe obras mixtas para cinta e electroacústica en directo, audiovisuais, música orgánica e un lendo o novo folclore galego acorde aos tempos actuais.

Tres concertos programados para os días 20, 21 e 22 de outubro que se celebrarán na Casa do Saber co obxectivo de achegar música diversa aos universitarios, difícil de descubrir nun mundo dominado pola música urbana. Estes concertos, como é habitual, están abertos ao público lucense.

O Grupo de Creación Sonora da Universidade (GCSUS) é o encargado de organizar os Sons Creativos e os seus membros: Mónica Álvarez, Efraim Díaz e Inmaculada Cárdenas para a realización de cada un dos tres concertos.

O primeiro concerto corre a cargo de Efraim Díaz, percusionista e gaiteiro con formación en creación electroacústica e audiovisual, que presenta un concerto no que folclore e tecnoloxía se funden nunha nova lingua coa tradición musical galega. Estará acompañado por dous músicos invitados David Bellas e Ivan Abal.

O segundo concerto baixo o título de Maha Prakriti, achéganos á antiga filosofía india da man de Mónica Álvarez, membro fundador do GCSUS cunha longa traxectoria vocal e incursións cada vez máis frecuentes na creación sonora, e José Manuel Vázquez Díez, músico convidado, nun concerto orgánico no que voz e imaxes se complementan.

O terceiro concerto corre a cargo de Inmaculada Cárdenas, fundadora do GCSUS, cuxas creacións sonoras comezaron nos anos oitenta do século pasado vinculadas á USC. As súas obras, na súa maioría publicadas, tamén se poden escoitar en YouTube. Juan Antonio Lleó, músico electroacústico e informático cunha longa traxectoria como creador, profesor invitado e artista multimedia, é o músico convidado deste concerto titulado Recreacións. A cinta, a electroacústica en directo e o teclado abren unha nova lectura de dúas obras da autora pertencentes á súa primeira etapa como compositora: Mosteiro Suite e La Memoria y los Juegos, ambas publicadas no CD Music & Architecture.


Sons Creativos é unha plataforma de difusión cultural da Área de Cultura da USC e Lugo Cultural.


Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • Home
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • EFRAÍM DÍAZ + DAVID BELLAS + IVÁN ABAL
    • MÓNICA ÁLVAREZ + JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ DÍEZ
    • INMACULADA CÁRDENAS + JUAN ANTONIO LLEÓ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Acerca de