SONS CREATIVOS
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de

21 – 24 DE OUTUBRO / 2021 / LUGO
CASA DO SABER  / O VELLO CÁRCERE​


Esta nova edición dos SONS CREATIVOS sitúase entre a experimentación, o desbordamento da música popular e a paisaxe e ecoloxías sonoras. 

O GCSUS presentará, como en edicións anteriores, obras composta expresamente para a ocasión, tres estreas absolutas dos seus integrantes INMACULADA CÁRDENAS, EFRAIM DÍAZ e MÓNICA ÁLVAREZ, nas que o diálogo entre a improvisación e a creación audiovisual segue sendo a sinal de identidade do Grupo.

A propostas VERBAS de PULSO ENSEMBLE revisará diferentes paradigmas da música contemporanea centrándose no papel do corpo, a voz e a performatividade na era posdixital. Pola súa banda o traballo FLAMENCO ESPANDIDO do músico RAÚL CANTIZANO, cunha longa traxectoria na reinterpretación instrumental e conceptual da guitarra, propón un hackeo e desbordamento deste instrumento cun grande peso identitario e o artista sonoro PABLO SANZ presentará unha sesión de audio inmersivo multicanal e de escoita profunda do seu proxecto ENTANGLED, traballo realizado partindo das gravacións de campo que recolleu na Amazonia central brasileira. 

SONS CREATIVOS é unha plataforma de difusión cultural da Área de Cultura da USC e Lugo Cultural.
CARTEL
Picture
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Inicio
  • CONCERTOS
    • GCSUS
    • PULSO ENSEMBLE
    • RAÚL CANTIZANO
    • PABLO SANZ
  • Anteriores
  • GCSUS
  • Blog
  • Acerca de