SONS CREATIVOS é unha plataforma de intercambio cultural para a difusión e creación sonora promovida pola Area de Cultura das USC e que, en convocatoria anual, supón unha aposta polas últimas propostas do ámbito da música contemporánea, a creación electroacústica e da arte sonora
A súa razón de ser é traer á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación incluíndo propostas que se moven nas amplas marxes da experimentación.
Sons Creativos está organizado polo Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, GCSUS, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, Efraím Díaz e Mónica Álvarez